sábado, 12 de abril de 2014

Analise histórico da alameda de Ponte Caldelas

O grupo de Antía, Yanira, Borja e Alejandro envía este texto e imaxes que paso a pegar integramente. A partir de aquí agradécese a participación de todos e todas cos vosos comentarios:

Nesta fotografía podemos contemplar a beleza da alameda nun día nublado dende a entrada principal desta. Dende este ángulo observamos as dúas filas principais das pradairas pseudoplátanos, fermosas árbores que nos brindan un bo espazo de sombra onde pasar as tardes do verán.

Aquí podemos observar que a alameda 
conta con papeleiras para poder manter
 limpo este espazo. Ao fondo podemos 
observar o mercado, en funcionamento 
dende a súa construcción en 1907.
Esta imaxe ofrécemos unha boa visión da alameda,
coa actual biblioteca municipal ao fondo, antiga
cárcere e casa do concello.

"Nestes tempos, as alamedas poden estar baixo a sombra de calquera tipo de árbores, pero a palabra “alameda” procede de “álamo”, pois antigamente estes paseos estaban cubertos deles. O sufixo -eda vén do latín -eta, plural de -etum, e indica lugar onde abunda a raíz. Así temos as palabras arboreda, humareda, moreda, rosaleda, etc.
Aínda que a palabra álamo comence por “al-” , non é unha palabra árabe, provén do xermámico.

Nos seus inicios a Alameda de Ponte Caldelas era o Campo da Feira da vila; así nos deixa constancia diso o Padre Sarmiento en 1754 cando o atravesaba camiño da Lama.

A Alameda tal como a coñecemos hoxe xurdiu en 1903, cando se comezaron a plantar as pradairas pseudoplátanos (que se conservan na actualidade) substituíndo aos 122 carballos seculares.
Na antigüidade a Alameda era o centro de reunión máis imporatnte da vila. Desde 1766 celebrábanse duás feiras mensuais (o primeiro luns e o día 20 de cada mes), ademais de múltiples acontecementos de gran relevancia.


Na actualidade xa non ten a importancia de antes, a este espazo só se lle dá uso nos días de feira (o día 5 e o 20 de cada mes) e en acontecementos esporádicos.


A Alameda de Ponte Caldelas situáse nun lugar céntrico da vila. Nun extremo encóntrase unha zona axardinada de flores e arbustos cunha fonte no centro. Ao longo deste espazo, cun pavimento de area, tres ringleiras de árbores a percorren. Ademais conta con numerosos bancos dobres e papeleiras a carón destes. A Alameda está rodeada por edificios de traza actual con cafeterías nos baixos, ademais de casas antigas, entre as que podemos atopar fermosos exemplos de casas de orixe indiana."
Aquí podemos ver a parte principal da zona axardinada
 da alameda, a zona máis fermosa para moitos.

Estas son as dúas partes laterais da zona axardinada da alameda, 
están moi ben conservadas.















 Podemos contemplar como as casas antigas da alameda,
 na súa maioría foron reconstruídas e agora presentan un bo aspecto.













 Aquí podemos observar parte do mobiliario deste espazo: os bancos.
 Estes asentos presentan unha peculiaridade xa que son bancos dobres.
 Parte da poboación considera que resulta incómodo ocupar estes 
 asentos con alguén sentado detrás, prefiren os bancos simples.


O pavimento da alameda, ao ser de area e presentar irregularidades ,
 acarrexa un gran inconveniente para o inverno: a chuvia penetra
 na area e fórmanse charcos nas zonas máis afundidas do terreo.
 Este problema provoca dificultades para o paso dos transeúntes,
 a xente xa non pasa moito por este espazo, pero con charcos no chan, aínda menos.


A maioría da poboación opina que se debería de substituír a area
 por outro material, pero non explican cal sería o idóneo para mellorar a alameda.
 Nós opinamos que se debería facer un camiño de adoquíns pola zona central
e mellorar as irregularidades do resto do terreo, pero deixalo en area,
 xa que convertilo nunha zona axardinada inutilizaría toda a alameda.

4 comentarios:

  1. O traballo está moi ben. Eu penso que a area deberia ser substituida por un camiño de pedra, pero que cubra toda a zona onde hai lama xa que en iverno é moi incómodo e mollas os pés.Non ten que ver o axardinado que estea porque a xente vai estar sin seguir visitando a alameda,pero en outras zonas,como o parque, as tendas, o supermercado, o ciber...si que será transitada. A alameda polo verán saca moito partido xa que as sombras das árbores son moi cómodas, tamen hai máis importancia a os parques, para facer xogos ao aire libre e divertirse,e tamen o campo de fútbol que moitas rapazas e rapazes van alí para ver como entrenan os futbolistas. Eu cambiaría o sitio da feira xa que é u pouco incómodo e empeza a quedar pequena para os vendedores.Os bancos din que molestan porque están pegados uns a outros pero a min non me impotaria moito,xa que hay moitos bancos en Ponte Caldelas e se os cambiaramos seguiría sen vir xente, sobretodo a mozidade.

    ResponderEliminar
  2. Estou moi de acordo co traballo dos meus compañeiros. A alameda foi perdendo moita importancia ao longo do tempo e está na nosa man que volva a ser o espazo importante de hai décadas. Isto pódese conseguir. Trátase de acondicionar mellor a zona para que sexa máis atractiva tanto para mozos como para maiores e organizar actividades lúdicas que nos permitan pasar o tempo libre dunha maneira agradable e nun espazo cómodo.

    ResponderEliminar
  3. A miña conclusión é que grazas ó traballo conxunto de tódolos grupos chegamos a pensar na Alameda coma un espazo de gran valor social e histórico,que debemos coidar coma o resto do patrimonio e facelo posible por melloralo.Para conseguir isto,pescudamos entre todos os puntos fortes e as debilidades da Alameda,tendo en conta as opinións dos enquisa@s para facer deste espazo un lugar de encontro habitual para todo o mundo e con máis actividades que atraian xente de fora;e así asegurar que co tempo non se deteriore.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Oxalá todo isto sirva para aprender a valorar os espazos de encontro como unha obra do ser humano que merece ser comprendida, conservada e mellorada. O traballo conxunto sempre supera ao traballo individual. Hai que confiar nos compañeiros e traballar xenerosamente por unha sociedade máis sensible, culta e máis equillibrada en todos os sentidos. Grazas polo teu comentario, Jonás.

      Eliminar