O grupo de Antía, Yanira, Borja e Alejandro envía este texto e imaxes que paso a pegar integramente. A partir de aquí agradécese a participación de todos e todas cos vosos comentarios:
.jpg) |
Nesta fotografía podemos contemplar a beleza da alameda nun día nublado dende a entrada principal desta. Dende este ángulo observamos as dúas filas principais das pradairas pseudoplátanos, fermosas árbores que nos brindan un bo espazo de sombra onde pasar as tardes do verán.
|
 |
Aquí podemos observar que a alameda
conta con papeleiras para poder manter
limpo este espazo. Ao fondo podemos
observar o mercado, en funcionamento
dende a súa construcción en 1907.
|
 |
Esta imaxe ofrécemos unha boa visión da alameda,
coa actual biblioteca municipal ao fondo, antiga
cárcere e casa do concello.
|
"Nestes tempos, as alamedas poden estar baixo a sombra de calquera tipo de árbores, pero a palabra “alameda” procede de “álamo”, pois antigamente estes paseos estaban
cubertos deles. O sufixo -eda vén do latín -eta, plural de -etum, e indica lugar onde abunda a raíz. Así temos as palabras arboreda, humareda, moreda, rosaleda, etc.
Aínda que a palabra álamo comence por “al-” , non é unha palabra árabe, provén do xermámico.
Nos seus inicios a Alameda de Ponte Caldelas era o Campo da Feira da vila; así nos deixa constancia diso o Padre Sarmiento en 1754 cando o atravesaba camiño da Lama.
A Alameda tal como a coñecemos hoxe xurdiu en 1903, cando se comezaron a plantar as pradairas pseudoplátanos (que se conservan na actualidade) substituíndo aos 122 carballos seculares.
Na antigüidade a Alameda era o centro de reunión máis imporatnte da vila. Desde 1766 celebrábanse duás feiras mensuais (o primeiro luns e o día 20 de cada mes), ademais de múltiples acontecementos de gran relevancia.
Na actualidade xa non ten a importancia de antes, a este espazo só se lle dá uso nos días de feira (o día 5 e o 20 de cada mes)
e en acontecementos esporádicos.
A Alameda de Ponte Caldelas situáse nun lugar céntrico da vila. Nun extremo
encóntrase unha zona axardinada de flores e arbustos cunha fonte no centro. Ao longo deste espazo, cun pavimento de area, tres ringleiras de árbores a percorren. Ademais conta con numerosos bancos dobres e papeleiras a carón destes. A Alameda está rodeada por edificios de traza actual con cafeterías nos baixos, ademais de casas antigas, entre as que podemos atopar fermosos exemplos de casas de orixe indiana."
.jpg) |
Aquí podemos ver a parte principal da zona axardinada
da alameda, a zona máis fermosa para moitos.
|
.jpg) |
Estas son as dúas partes laterais da zona axardinada da alameda,
están moi ben conservadas.
|
.jpg)
 |
Podemos contemplar como as casas antigas da alameda,
na súa maioría foron reconstruídas e agora presentan un bo aspecto.
|
 |
Aquí podemos observar parte do mobiliario deste espazo: os bancos.
Estes asentos presentan unha peculiaridade xa que son bancos dobres.
Parte da poboación considera que resulta incómodo ocupar estes
asentos con alguén sentado detrás, prefiren os bancos simples.
|
 |
O pavimento da alameda, ao ser de area e presentar irregularidades ,
acarrexa un gran inconveniente para o inverno: a chuvia penetra
na area e fórmanse charcos nas zonas máis afundidas do terreo.
Este problema provoca dificultades para o paso dos transeúntes,
a xente xa non pasa moito por este espazo, pero con charcos no chan, aínda menos.
|
 |
A maioría da poboación opina que se debería de substituír a area por outro material, pero non explican cal sería o idóneo para mellorar a alameda. Nós opinamos que se debería facer un camiño de adoquíns pola zona central e mellorar as irregularidades do resto do terreo, pero deixalo en area, xa que convertilo nunha zona axardinada inutilizaría toda a alameda. |
O traballo está moi ben. Eu penso que a area deberia ser substituida por un camiño de pedra, pero que cubra toda a zona onde hai lama xa que en iverno é moi incómodo e mollas os pés.Non ten que ver o axardinado que estea porque a xente vai estar sin seguir visitando a alameda,pero en outras zonas,como o parque, as tendas, o supermercado, o ciber...si que será transitada. A alameda polo verán saca moito partido xa que as sombras das árbores son moi cómodas, tamen hai máis importancia a os parques, para facer xogos ao aire libre e divertirse,e tamen o campo de fútbol que moitas rapazas e rapazes van alí para ver como entrenan os futbolistas. Eu cambiaría o sitio da feira xa que é u pouco incómodo e empeza a quedar pequena para os vendedores.Os bancos din que molestan porque están pegados uns a outros pero a min non me impotaria moito,xa que hay moitos bancos en Ponte Caldelas e se os cambiaramos seguiría sen vir xente, sobretodo a mozidade.
ResponderEliminarEstou moi de acordo co traballo dos meus compañeiros. A alameda foi perdendo moita importancia ao longo do tempo e está na nosa man que volva a ser o espazo importante de hai décadas. Isto pódese conseguir. Trátase de acondicionar mellor a zona para que sexa máis atractiva tanto para mozos como para maiores e organizar actividades lúdicas que nos permitan pasar o tempo libre dunha maneira agradable e nun espazo cómodo.
ResponderEliminarA miña conclusión é que grazas ó traballo conxunto de tódolos grupos chegamos a pensar na Alameda coma un espazo de gran valor social e histórico,que debemos coidar coma o resto do patrimonio e facelo posible por melloralo.Para conseguir isto,pescudamos entre todos os puntos fortes e as debilidades da Alameda,tendo en conta as opinións dos enquisa@s para facer deste espazo un lugar de encontro habitual para todo o mundo e con máis actividades que atraian xente de fora;e así asegurar que co tempo non se deteriore.
ResponderEliminarOxalá todo isto sirva para aprender a valorar os espazos de encontro como unha obra do ser humano que merece ser comprendida, conservada e mellorada. O traballo conxunto sempre supera ao traballo individual. Hai que confiar nos compañeiros e traballar xenerosamente por unha sociedade máis sensible, culta e máis equillibrada en todos os sentidos. Grazas polo teu comentario, Jonás.
Eliminar