Opinión dos vendedores
Todos os vendedores proceden de distintos lugares da comarca de Pontevedra. A maioría deles veñen sempre a Ponte Caldelas cando hai feira, aínda que as razóns de por qué veñen son distintas: uns veñen a vender mentres que outros , ao ser máis dunha persoa a que atende o mesmo posto, aproveitan ese tempo para visitar a aldea ou incluso para mercar noutros postos e axudar aos compañeiros do oficio. É dicir, que moitos vendedores non virían a Ponte Caldelas se a feira deixase de existir.

Todos coinciden en que a alameda é un lugar apropiado para vender no tempo de verán; en cambio, coas chuvias do inverno, o chan da alameda ao converterse nunha lameira, transfórmase nun lugar incómodo para vender e mercar, por iso baixa a afluencia de compradores nesas épocas. A pesar diso, algúns vendedores pensan que a alameda está a quedar pequena porque antes entraban todos no espazo correspondente, mentres que agora os postos superanna, invadindo ás rúas principais da aldea.
O que máis lles gusta aos vendedores é o trato da xente. Porén hai cousas que consideran unha inxustiza, como por exemplo, que haxa vendedores con toda a documentación necesaria para vender na feira, que pagan por estar alí e que sempre teñan que rifar con aqueles que non teñen os papeles precisos para facelo e non pagan nada. Solicitan máis medidas contra isto para que fose un comercio un pouco máis xusto.
Un tema que preocupa é o estado do espazo da alameda. As respostas a este tipo de preguntas non teñen unha única resposta , senón que hai división de opinións: por un lado, hai xente que pensa que todo está ben e outra que pensa que sería necesario cambiar cousas tan fundamentais como : a distribución das árbores, os bancos, o piso de terra...
Tanto compradores como vendedores pensan que senón houbera alameda habería que inventar un espazo similar porque din que é un espazo de convivencia .
Tanto compradores como vendedores pensan que senón houbera alameda habería que inventar un espazo similar porque din que é un espazo de convivencia .
Unha das preguntas onde os vendedores tiñan toda a libertade de opinión era a que dicía se lles gustaría seguir vendendo neste tipo de ``comercio´´ ou preferiría vender en centros comercias , practicamente todos os vendedores responderon que lles gustaría vender nos centros comercias porque é outro tipo de ambiente no que a mocidade é son a clave para que este tipo de comercio siga a flote. E con esta resposta querían explicar que as persoas maiores teñen outra visión deste tipo de mercado distinta a da mocidade, que o único que buscan é comprar roupa de marca e intentar parecerse os demais comprando en tendas coñecidas e importantes.
Nunha das preguntas finais, os comerciantes tiñan que dicirnos como promocionarían a feira e convecerían á xente para que se achegara a mercar nela. A resposta foi que na feira atópase a mesma roupa que nas tendas de moda , de calidade e bastante máis barata, ademais de que se renova a roupa exposta cada pouco tempo e hai moita variedade onde elixir .
A metade das persoas responderon que lles gusta máis mercar nos centros comerciais pola comodidade que lles ofrece. A outra metade contestou que lles gusta máis mercar na feira pola boa calidade que ten a mercadoría sendo bastante máis barata que a dos centros comerciais.
É un espazo vivo e de convivencia se se chama á xente a vir á alameda, senon queda valeiro de todo. Hai que promocionar este emprazamento para que non se perda no tempo.
Opinión dos compradores
Todos os transeúntes entrevistados procedían de zonas dos arredores de Ponte Caldelas . Cando se lles preguntou o fin da súa visita á feira houbo varias respostas, por exempo: a dar unha volta, mercar algo, a comer polvo...
Ao preguntarlle se virían á alameda se non houbera feira todos responderon que non, xa que actualmente a xente utiliza máis outros lugares para quedar e non hai nada que facer nela.
O espazo da alameda é un lugar axeitado para situar unha feira, especialmente no verán. Resulta cómodo para os vendedores xa que poden ter os furgóns onde transportan a súa mercadoría preto deles. Aínda así, coas inclemencias do tempo no inverno, convértese nun paseo pasado por auga e cheo de lama. A alternativa proposta para que non pase isto é trasladala ao pavillón recén reformado durante os días de choiva.
Pensan que é un lugar cómodo para mercar xa que está ao aire libre e convértese no lugar ideal para atoparse con amigos e xente coñecida.
Cren que comeza a quedar pequena porque hai moitos postos e non teñen unha distribución axeitada.
O que máis gusta de vir a mercar nun día de feira é atopar roupa bonita e de calidade a bo prezo e atoparse con xente coñecida no lugar.
Se estivera nas mans dalgunha xente corrente cambiar algo da alameda quitaríase o chan de area por outro tipo máis consistente. Outra pensa que se deberían pór máis árbores . Tamén celebrarían máis acontecementos na alameda ou crearían programas de xogo e de entretemento para os nen@s e adultos da zona.
Cando se pregunta se a alameda está ben ou se eliminaría algo , o chan é o máis criticado da zona .
Todas as persoas responderon que se non existise a alameda, habería que inventala .
A alameda está chea de vida nos días de feira e festa ; o resto do ano está practicamente deserta porque nela non hai nada atractivo e que chame a atención para facer ou ver .
A metade das persoas responderon que lles gusta máis mercar nos centros comerciais pola comodidade que lles ofrece. A outra metade contestou que lles gusta máis mercar na feira pola boa calidade que ten a mercadoría sendo bastante máis barata que a dos centros comerciais.
Os entrevistados responderon que cren que a feira beneficia aos establecementos circundantes á feira porque a xente tamén se achega a tomar algo, a comer polvo , a comer nalgún restaurante ou cafetería, etc.
Ao preguntar se se debería suprimir a feira, a resposta foi un non rotundo, xa que chama a xente a vir a Ponte Caldelas, a coñecer o lugar e a pasar un agradable rato cos seus habitantes.
É un espazo vivo e de convivencia se se chama á xente a vir á alameda, senon queda valeiro de todo. Hai que promocionar este emprazamento para que non se perda no tempo.







Moi bo traballo en canto ao contido do texto, pero deberíades engadir algunha fotografía máis do estado da alameda nun día de feira.
ResponderEliminarBen é certo que a feira é un dos acontecementos máis importantes que ocorren na alameda e que ten un gran valor para toda a poboación. No traballo exponse que a alameda é o lugar idóneo para relaizar á feira no verán, pero que no inverno este lugar presenta moitas incomodidades e suxírise que a fera podería realizarse no pavillón recén reformado durante esta época máis chuviosa do ano.
Eu considero que trasladar á feira ao pavillón no inverno sería un grave erro xa que a alameda quedaría totalmente deserta. Que sería da alameda sen feiras, festas e sen ningún outro acontecemento nela durante o inverno? Non é que queremos potenciar a alameda para que deixe de estar deserta? Non sería mellor buscar outra alternativa e renovar a alameda para que se puidese seguir celebrando a feira no inverno?
Parabéns rapaces. A feira é un acontecemento moi importante para a vila de Ponte Caldelas, por iso debemos contribuír entre todos para que non se acabe. Tanto compradores como comerciantes non deben deixar de visitala porque é unha maneira de potenciar a alameda e a vila. Estou moi de acordo con Antía en que a feira non se pode trasladar e que habería que buscar unha solución para que non estea deserta, especialmente no inverno.
ResponderEliminar