martes, 14 de mayo de 2013

Relación de elementos antrópicos na paisaxe de Forzáns (III)

Este núcleo acaba de ser transformado nas súa vía principal de acceso e conexión coa estrada que procede de Fornelos. Aquí deixamos unha mostra das infraestruturas viarias do núcleo de Forzáns.

A antiga estrada cara Ponte Caldelas. Debemos salientar a fermosa concepción de plantar árbores ornamentais ao carón da vía. Eliminar estes elementos humanizadores dun espazo duro sería un erro.

A actual estrada no lugar da intersección con Fornelos de Montes




O que serían antigas pistas forestais, hoxe asfaltadas moitas delas para permitir o acceso ás vivendas emprazadas na pare alta de Forzáns.

Tamén hai camiños tradicionais. Por aquí transcorre a antiga senda dos arrieiros que servía de vía para o transporte do viño entre Ribadavia e Pontevedra.

As vías tradicionais serviron para vertebrar o poboamento. Na imaxe podemos ver un camiño asfaltado qe se mete dentro do casarío máis denso.

Relación de elementos antrópicos na paisaxe de Forzáns (II)

Imos logo coa escolma de elementos relacionados co patrimonio etnográfico, camiños, fontes...

As fontes son puntos esenciais para entender o asentamento da poboación.
Camiños tradicionais como o dos arrieiros que transcorre por unha paraxe moi fermosa chea de carballos xóvenes.
O empedrado do camiño evitaba que se enlamara nos días duros do inverno.
O camiño dos arrieiros aparece delimitado en gran parte do seu percorrido por valados de cachotería a ambos lados.
O paso do río Oitavén obriga a construir pontes

Vellos muíños, auténticas fábricas de fariña que utilizaban a enerxía das augas do río e que son un prodixio de integración na paisaxe. A sabia localización dos mesmos e a destreza demostrada na súa construción veñen a corroborar que a arquitectura popular é un exemplo de puración de formas e técnicas.
Valorizar a paisaxe pasa por recuperar a memoria e sinalizar o paso dos antigos camiños. Sendas esquecidas, fermosas, que contan historias doutra época.


Relación de elementos antrópicos na paisaxe de Forzáns (I)

Imos agora cunha escolma de elementos de tipo antrópico.
Comezaremos pola diferente tipoloxía de vivendas:


Dous exemplos de casas tradicionais de pedra con sillares. Planta rectangular, cunha distribucón de planta baixa e primeiro andar con balconada no exterior. Hai un ritmo na fachada marcado pola secuencia de fiestras.



As veces os inmobles aparecen separados e noutras ocasións, cando o casarío está moi xunto poden aparecer medianeiras.





Co tempo as casas de pedra con sillería propias dos anos 40 e 50 van deixando paso a outras máis recentes que substitúen a pedra polo ladrillo e o formigón. Son vivendas que mantendo a estrutura anterior colocan novos materiais, moitas veces mesturados con elementos ornamentais pouco integrados na paisaxe circudante. As fiestras son máis cuadrangulares, os volumes dos inmobles son maiores, o gusto polo baixo cuberta. A mellora económica tradúcese nunha casa máis ampla.





Queremos finalizar cunha volta a eses exemplos arquitectónicos que fan de Forzáns un lugar atractivo. Son casas que traen a Galicia os modelos construtivos que os seus propietarios coñeceron na emigración a América e que reproducen na súa aldea dándolle un aspecto máis urbano e en certo modo máis burgués.


Relación de elementos bióticos da paisaxe de Forzáns (II)

Unha escolma da fauna máis visible da paisaxe de Forzáns:





Relación dos elementos bióticos da paisaxe de Forzáns (I)

Nesta selección de imaxes de tipo xeral que imos expor  hai elementos bióticos, abióticos e antrópicos. As fotografías foron tiradas pola alumna de 3º ESO- B Carla González Adán.

Elementos bióticos:

Vexetación:

Os carballos son as árbores que dominarían este espazo dun xeito natural, pero a intensa deforestación vivida no pasado e a substitución das especies nobres polas de rápido crecemento como os eucaliptos transforman a paisaxe noutra de ampla pegada do ser humano.









Na actualidade, o abandono do rural está permitindo un aumento da masa arbórea. Os carballos, onde lle deixan, volven a recuperar o territorio perdido e colonizan antigas leiras. Resulta moi frecuente ver carballos  mozos devolvendo á paisaxe o seu vello protagonismo.



Nas zonas de río aparacen as especies da vexetación riparia: amieros, sabugueiros, freixos... Moitas veces forman un bosque galería
A matogueira dominante é a xesta, o toxo, fentos, uces que ocupan zonas de montes degradado e de solo pouco fértil.

sábado, 11 de mayo de 2013

O lugar de Forzáns. Localización e emprazamento.

Mapa topográfico de San Fiz de Forzáns. Fonte CMATI.
Ortofoto do 2009. Fonte CMATI
Imos analizar a paisaxe de Forzáns.
Forzáns é o único núcleo da  parroquia de San Fiz de Forzáns, pertencente ao concello de Ponte Caldelas. Está situado na parte surleste do concello. Segundo os datos do nomenclator, correspondente a 2011, esta parroquia está habitada por 180 hb.
A súa  superficie parroquial é moi pequena (arredor de 290 ha.) e está caracterizada polo dominio das pendentes. 
A aldea está emprazada ao pé
do monte Ceán que a protexe dos ventos do norte.
Ortofoto do voo do ano 1956. Fonte CMATI
Ao sur e ao oeste da aldea esténdense as terras de labor nunha minúscula superficie agraria útil, hoxe moi diminuída por mor do abandono, como se pode observar nas ortofotos. A aldea de Forzáns aumentou de caserío dende mediados do século XX. Na ortofoto do ano 1956 podemos observar o emprazamento máis antigo que se desenvolve ao longo dun vello camiño, o camiño dos arrieiros que vén de Verducido e vai cara a Esfarrapada. A construción da estrada representou unha oportunidade para ir ocupando o territorio con novos inmobles.
Forzáns está formado por varios barrios: O Piñeiro e Feira. Este topónimo Feira resulta moi revelador da actividade comercial tan rica que desenvoveu este núcleo ata hai ben pouco. Debemos sinalar que este núcleo equidista das cabeceiras dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes e A Lama.
En canto ás comunicacións esta aldea está ao carón da estrada que vén de Ponte Caldelas e se dirixe á Cañiza, pero resulta ser o lugar de cruce coa que vén de Fornelos. Ese papel de encrucillada reforza a súa importancia de espazo para o encontro.