Este blog será o lugar de encontro para unha serie de traballos sobre a paisaxe que daremos comezo neste curso 2012-2013, dentro das actividades de 3º da ESO e no marco do Proxecto Terra
viernes, 20 de junio de 2014
Opinión do coordinador do Proxecto Terra ao traballo da alameda
Unha vez rematado o curso quero que saibades a opinión do coordinador do Proxecto Terra. Neste pantallazo do espazo Redeiras da Consellería de Educación tedes a opinión de José Manuel Rosales sobre o traballo da alameda. Ante isto só podo dar as grazas e trasladar os parabéns ao alumnado participante. Un comentario así sempre é un reforzo para seguir nesa liña de traballo docente.
jueves, 5 de junio de 2014
Carta ao Alcalde de Ponte Caldelas
Esta é a carta que o grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO- A vai enviar ao Alcalde da vila de Ponte Caldelas. A autora da comunicación en nome do grupo foi Aida Lorenzo Martínez quen recolleu no texto as principais conclusións dos seus compañeiros.
Sr. D. Perfecto Rodríguez, Alcalde de Ponte Caldelas, :
O
alumnado de 3º ESO do IES de Ponte Caldelas está a participar un ano máis no Proxecto Terra. Este proxecto,
promovido polo COAG e o Plan Proxecta da
Consellería de Educación, propón un tema de estudo sobre o territorio e a
paisaxe arquitectónica que nos rodea.
Este curso o tema de traballo proposto é o espazo como lugar de encontro. No noso centro entendemos que a alameda de Ponte Caldelas podería
cumprir con esa función, razón pola que decidimos estudala.
Despois dun tempo investigando e
recollendo datos, os alumnos e alumnas de 3º da ESO queríamos comunicarlle as
conclusións ás que chegamos. A finalidade da nosa investigación era descubrir a importancia que ten na
actualidade a alameda como lugar de encontro e indagar posibles
alternativas que axuden a potenciar todas as oportunidades deste espazo.
Unha das conclusións máis
preocupantes é que a alameda nos últimos tempos converteuse nun lugar de paso máis que de
encontro, a pesar de que os veciños seguen a considerala como un lugar de
referencia dentro da vila. A xente maior é a que máis a usa, especialmente para
pasear durante as mañás. A mocidade é a que menos a transita, xa que prefiren
lugares alternativos como o ciber da vila, a beira do río, o parque ou as zonas
deportivas.
Pensando nalgunhas opcións que poderían facer
da alameda un espazo máis transitado, en especial, pola xente máis nova, cremos
que estas pasan por:
·
Potenciar a súa
utilización no verán, época na que a
alameda presenta un aspecto máis atractivo, con organización de exposicións,
mostras de arte, actividades infantís...
·
Cambiar a
disposición do mobiliario urbano (bancos en forma de U) e mesmo introducir un espacio chill-out.
Por outro lado, hai certas reformas deste espazo que son
necesarias :
·
O firme, xa que no
inverno fanse pozas e resulta moi incómoda a circulación.
·
O mobiliario
urbano, comentado anteriormente.
·
A iluminación. Algunhas
persoas enquisadas coinciden en que se fai algo escasa polas noites.
Estas reformas non deberían facerse por unha cuestión
estética porque a zona axardinada é a parte máis bonita, pero cunha absoluta
inutilidade como espazo de encontro e comunicación. Pensamos que estas
propostas poderían ser viables e darían cumprimento a algunhas das necesidades
expostas polo veciñanza enquisada.
O cambio e renovación non só
debería realizarse na alameda en si. Unha parte da investigación ocupábase dos
edificios que se atopan no lugar, o estilo arquitectónico dominante e a
renovación urbana realizada e o seu grao de integración na zona. Chegamos a un
acordo unánime de que algúns dos edificios precisan dunha rehabilitación
urxente. As reformas deben realizarse cun mínimo impacto porque xa hai certos
edificios que presentan volumes inadecuados para a zona.
Por último, analizando un pouco a
parte comercial e económica cremos que se debería de aproveitar mellor a
presenza do mercado, potenciando o comercio de proximidade. É nesta parte onde
a alameda triunfa, xa que a feira é clave para o lugar e é a principal función
da alameda. Porén, o espazo comeza a quedar pequeno para os postos, sinal de
que a feira ten éxito, e precisa unha reordenación que a faga máis atractiva.
Tamén a alameda ten éxito como escenario das festas da vila, que lle aportan á
Ponte Caldelas un gran poder de atracción co conseguinte revulsivo económico e
cultural.
Con esta carta pretendemos
contribuír na mellora da alameda e a que se faga algo por recuperar a
utilización deste lugar máis aló das feiras e das festas. Estamos ante un
espazo representativo da vila e con moita importancia ao longo da historia de
Ponte Caldelas.
Se vostede quere pode ollar o
traballo completo do grupo poderá achegarse a el na ligazón seguinte:
Atentamente,
Os
alumnos de 3º da ESO do IES de Ponte Caldelas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
