jueves, 1 de mayo de 2014

Análise da arquitectura dos inmobles que rodean a alameda de Ponte Caldelas


A actual alameda de Ponte Caldelas está rodeada por numerosos edificios que cumpren diferentes funcións, sendo a máis abundante a residencial.
Moitos dos edificios que os veciños da vila lembran desde que naceron fóronse renovando e outros, pola contra, son novos aínda que están perfectamente adaptados á liña construtiva do espacio, evitando un importante impacto no entorno.

 Nestas fotografías pódense apreciar como os inmobles
 máis novos se incorporan perfectamente no entorno utilizando
 materiais abundantes na zona (granito, lousa, tella) ou procurando
 regular a súa altura para que non destaque con respecto  dos inmobles máis antigos.


                 




              A maioría dos seus baixos están ocupados por
              cafeterías e tendas o que supón para a
              alameda ser, a parte dun lugar de encontro,
              un lugar de paso.  




       



  
             Este inmoble foi o último que se construíu  
             no arredor da alameda. Rematouse no ano   
             2005 e a súa promotora foi a inmobiliaria  
             "Ferma".


            Este edificio foi construído en 1999 e    
            empregou os soportais que xa había no seu  
            sitio para  mimetizarse co espacio e incluílos   
            como parte del.

           Outros edificios que compoñen os bordos da
           alameda son bastante máis antigos ca os
            anteriores. A maioría deles foron construídos a
            comezos do século pasado pero dende entón xa
            foron rehabilitados e actualmente mostran un
            aspecto moi renovado.
       
            Ao igual que nos baixos dos inmobles   
            anteriores, estes tamén teñen negocios e  
            tendas instalados neles. Na primeira 
            fotografía pódese ver o café-bar Fidel, un dos  
            máis antigos da vila. Este bar (que antes de  
            café foi un ultramarinos), leva ao redor de cen anos                                     funcionando que o converte nun   
            dos lugares máis populares da zona entre a
            xente maior.

                   









 Esta casa é a que máis destaca no contorno da alameda,
 xa que foi a única casa antiga que non recibiu case
 ningún tipo de rehabilitación. Ademais, é a única  vivenda
 que se atopa deshabitada.


                                                  
                                                  





                                                 


                                                











Unha vivenda que sen dúbida destaca fronte ao
 resto é a que se pode ver nestas fotografías.

  
    

 Esta é unha casa indiana, estilo moi presente na
 zona xa que hai moitas persoas que emigraron
 a América Latina décadas atrás e que ao volver
 quixeron mostrar mediante estas construcións o
 o ben que lle foi naquelas terras.
 A arquitectura indiana ten dúas características
 principais que a fai única e que a diferencian
 das demais: Os muros son de granito ben                                       traballado, con bloques perfectamente
 encaixados e nela destaca a importancia da
 ornamentación, especialmente nas vidreiras e

 nas balaustradas. A parte destas dúas hai outra
 característica a destacar nas casas indianas e
 que esta casa non posúe: grandes xardíns ben
 coidados, con impoñentes muros que os  
 delimitan.


      
      Por último mostramos dous edificios con funcións
      totalmente diferentes aos anteriores: o Centro                                   Cultural e o mercado.

      O Centro Cultural é un dos edificios máis antigos
      da vila. Ao longo da súa historia tivo usos
      diferentes como cárcere ou edificio do concello.
      Na actualidade ten diferentes usos como
      biblioteca ou centro de ensaio para algúns grupos
      do concello.

     O mercado pola súa parte sempre tivo a mesma
     función. Desde a súa construción, en 1907, este
     edificio foi o centro do comercio de produtos
     alimenticios que se segue mantendo con catro
     postos nas súas instalacións: dúas carnicerías, 
     unha froitería e unha peixería. 



Membros do grupo: Aida, Diego, Alejandra e Gabriel.                          

2 comentarios:

  1. Moi bo traballo. O único no que discrepo é na afirmación de que todas as novas construccións están perfectamente adaptadas na liña constructiva do espazo. Ben é certo que na súa maioría, os edificios que arrodean a alameda si están ben integrados, pero en algúns casos non é así. Exemplo disto é o edificio cunha cafetería no seu baixo que aparece na imaxe tres deste traballo ou tamén a nova construcción da imaxe oito.

    ResponderEliminar
  2. Bo apunte Antía. Os exemplos de renovación inmobiliaria non sempre tentan respectar o espazo herdado. Hai algún inmoble con volumes e materiais inadecuados.

    ResponderEliminar