A actual alameda de Ponte Caldelas está rodeada por numerosos edificios que cumpren diferentes funcións, sendo a máis abundante a residencial.
Moitos dos edificios que os veciños da vila lembran desde que naceron fóronse renovando e outros, pola contra, son novos aínda que están perfectamente adaptados á liña construtiva do espacio, evitando un importante impacto no entorno.
Nestas fotografías pódense apreciar como os inmobles
máis novos se incorporan perfectamente no entorno utilizando
máis novos se incorporan perfectamente no entorno utilizando
materiais abundantes na zona (granito, lousa, tella) ou procurando
regular a súa altura para que non destaque con respecto dos inmobles máis antigos.
regular a súa altura para que non destaque con respecto dos inmobles máis antigos.
cafeterías e tendas o que supón para a
alameda ser, a parte dun lugar de encontro,
un lugar de paso.
Este inmoble foi o último que se construíu
no arredor da alameda. Rematouse no ano
2005 e a súa promotora foi a inmobiliaria
"Ferma".
Este edificio foi construído en 1999 e
empregou os soportais que xa había no seu
sitio para mimetizarse co espacio e incluílos
como parte del.

Outros edificios que compoñen os bordos da
alameda son bastante máis antigos ca os
anteriores. A maioría deles foron construídos a
comezos do século pasado pero dende entón xa
foron rehabilitados e actualmente mostran un
aspecto moi renovado.
anteriores, estes tamén teñen negocios e
tendas instalados neles. Na primeira
fotografía pódese ver o café-bar Fidel, un dos
máis antigos da vila. Este bar (que antes de
café foi un ultramarinos), leva ao redor de cen anos funcionando que o converte nun
dos lugares máis populares da zona entre a
xente maior.
Esta casa é a que máis destaca no contorno da alameda,xa que foi a única casa antiga que non recibiu case
ningún tipo de rehabilitación. Ademais, é a única vivenda
que se atopa deshabitada.
Esta é unha casa indiana, estilo moi presente na
zona xa que hai moitas persoas que emigraron
a América Latina décadas atrás e que ao volver
quixeron mostrar mediante estas construcións o
o ben que lle foi naquelas terras.
A arquitectura indiana ten dúas características
principais que a fai única e que a diferencian
encaixados e nela destaca a importancia da
ornamentación, especialmente nas vidreiras e
nas balaustradas. A parte destas dúas hai outra
característica a destacar nas casas indianas e
que esta casa non posúe: grandes xardíns ben
coidados, con impoñentes muros que os
delimitan.
Por último mostramos dous edificios con funcións
totalmente diferentes aos anteriores: o Centro Cultural e o mercado.
O Centro Cultural é un dos edificios máis antigos
da vila. Ao longo da súa historia tivo usos
diferentes como cárcere ou edificio do concello.
Na actualidade ten diferentes usos como
do concello.
O mercado pola súa parte sempre tivo a mesma
función. Desde a súa construción, en 1907, este
edificio foi o centro do comercio de produtos
alimenticios que se segue mantendo con catro
postos nas súas instalacións: dúas carnicerías,
unha froitería e unha peixería.
Membros do grupo: Aida, Diego, Alejandra e Gabriel.











Moi bo traballo. O único no que discrepo é na afirmación de que todas as novas construccións están perfectamente adaptadas na liña constructiva do espazo. Ben é certo que na súa maioría, os edificios que arrodean a alameda si están ben integrados, pero en algúns casos non é así. Exemplo disto é o edificio cunha cafetería no seu baixo que aparece na imaxe tres deste traballo ou tamén a nova construcción da imaxe oito.
ResponderEliminarBo apunte Antía. Os exemplos de renovación inmobiliaria non sempre tentan respectar o espazo herdado. Hai algún inmoble con volumes e materiais inadecuados.
ResponderEliminar