Comezaremos pola diferente tipoloxía de vivendas:
Dous exemplos de casas tradicionais de pedra con sillares. Planta rectangular, cunha distribucón de planta baixa e primeiro andar con balconada no exterior. Hai un ritmo na fachada marcado pola secuencia de fiestras.
As veces os inmobles aparecen separados e noutras ocasións, cando o casarío está moi xunto poden aparecer medianeiras.
Co tempo as casas de pedra con sillería propias dos anos 40 e 50 van deixando paso a outras máis recentes que substitúen a pedra polo ladrillo e o formigón. Son vivendas que mantendo a estrutura anterior colocan novos materiais, moitas veces mesturados con elementos ornamentais pouco integrados na paisaxe circudante. As fiestras son máis cuadrangulares, os volumes dos inmobles son maiores, o gusto polo baixo cuberta. A mellora económica tradúcese nunha casa máis ampla.
Queremos finalizar cunha volta a eses exemplos arquitectónicos que fan de Forzáns un lugar atractivo. Son casas que traen a Galicia os modelos construtivos que os seus propietarios coñeceron na emigración a América e que reproducen na súa aldea dándolle un aspecto máis urbano e en certo modo máis burgués.
No hay comentarios:
Publicar un comentario