sábado, 11 de mayo de 2013

O lugar de Forzáns. Localización e emprazamento.

Mapa topográfico de San Fiz de Forzáns. Fonte CMATI.
Ortofoto do 2009. Fonte CMATI
Imos analizar a paisaxe de Forzáns.
Forzáns é o único núcleo da  parroquia de San Fiz de Forzáns, pertencente ao concello de Ponte Caldelas. Está situado na parte surleste do concello. Segundo os datos do nomenclator, correspondente a 2011, esta parroquia está habitada por 180 hb.
A súa  superficie parroquial é moi pequena (arredor de 290 ha.) e está caracterizada polo dominio das pendentes. 
A aldea está emprazada ao pé
do monte Ceán que a protexe dos ventos do norte.
Ortofoto do voo do ano 1956. Fonte CMATI
Ao sur e ao oeste da aldea esténdense as terras de labor nunha minúscula superficie agraria útil, hoxe moi diminuída por mor do abandono, como se pode observar nas ortofotos. A aldea de Forzáns aumentou de caserío dende mediados do século XX. Na ortofoto do ano 1956 podemos observar o emprazamento máis antigo que se desenvolve ao longo dun vello camiño, o camiño dos arrieiros que vén de Verducido e vai cara a Esfarrapada. A construción da estrada representou unha oportunidade para ir ocupando o territorio con novos inmobles.
Forzáns está formado por varios barrios: O Piñeiro e Feira. Este topónimo Feira resulta moi revelador da actividade comercial tan rica que desenvoveu este núcleo ata hai ben pouco. Debemos sinalar que este núcleo equidista das cabeceiras dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes e A Lama.
En canto ás comunicacións esta aldea está ao carón da estrada que vén de Ponte Caldelas e se dirixe á Cañiza, pero resulta ser o lugar de cruce coa que vén de Fornelos. Ese papel de encrucillada reforza a súa importancia de espazo para o encontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario