EVOLUCIÓN DA ALAMEDA A DIFERENTES HORAS DO DÍA OS DISTINTOS DÍAS DA SEMANA.
Tras varios días analizando a actividade no espazo da alameda podemos dicir que este espazo está menos transitado do que se pensaba. É difícil ver a máis de oito persoas á vez, salvo cando hai feira, xa que estes dous días (5 e 20 de cada mes) e os días de festa son os momentos nos que a alameda ten xente. Fóra desas circunstancias a alameda é un lugar de paso.
Habitualmente, polas mañás non hai demasiada xente, xa que a maioría está traballando ou no colexio/instituto. As únicas persoas que teñen tempo libre neses momentos do día son as persoas maiores que aproveitan a tranquilidade da mañá para relaxarse, ir ás cafeterías e relacionarse con outras persoas.
Polas tardes as persoas maiores xa non se paran tanto, as de mediana idade tampouco adoitan pasar por alí salvo cando teñen tempo libre e deciden dar unha volta cos fillos para descansar ou darlles a merenda.
A mocidade só usa a alameda como lugar de paso. Crúzana para ir á praza, ao campo de fútbol, ao parque ou ao Ciber. Estes son os lugares que están desprazando a alameda como espazos de preferencia por parte da mocidade. Alí síntese máis cómoda e con xente da súa mesma idade coa que falar tranquilamente.




Na fin de semana obsérvanse algunhas familias, amigos ou parellas paseando ao longo da alameda e en ocasións parando nalgunha das cafeterías da zona, na maioría dos casos continúan o paseo por Caldelas.
Outro punto a ter en conta é que non en todas as épocas do ano a alameda está igual de ocupada, posto que no outono e no inverno é cando más baleira se atopa. Inflúen, sobretodo, as baixadas de temperatura e as precipitación que forman lameiras no chan xa que este é de area. Na primavera é no verán é cando podemos apreciar un pequeno aumento de xente neste espazo pola mellora do tempo, as árbores dan sombra, comezan as festas..
Como conclusión podemos sacar que a alameda segue estando transitada ainda que cada vez en menor medida, xa que é a xente maior a que máis tempo pasa alí, sendo a mocidade a que elixe outros lugares para o seu tempo de ocio. Tamén sacamos que non sempre a estética é o máis importante (inflúe moito) xa que tamén se observou que á hora de invertir o tempo libre a xente prefería o espazo das árbores ao espazo axardinado, que recoñeceron que era, estéticamente, más bonito.












O traballo está moi ben e coincido con vós que a mocidade prefire outros espazos para pasar o seu tempo de ocio.Tamén hai que darvos a razón no tema de que no inverno e outono está menos transitada que no verán, uns dos problemas é o solo que non é moi consistente polo que se crean grandes lameiras que non axudan ao transito por ela. Penso que deberían arranxar ese pequeno problema para a ver si así a xente se anima a utilizala non só nos días de feira.
ResponderEliminarO que eu penso sobre a alameda é que é un espazo empregado só nas festas , nas feiras e cando non chove, e como en Galiza chove moito... Ao chover manchas os pes, podes esvarar... por iso non se usa moito. Para que sexa un bo espazo precisa mellorar o firme , ter unha mellor iluminación nocturna , e renovar e mellorar o material empregado neste espazo ( bancos sen respaldo , papeleiras...). Con isto a alameda terá mais popularidade entre todas as idades , e será un espazo máis empregado
ResponderEliminarMoi bo traballo. A alameda na actualidade está moi pouco transitada pola mocidade, que prefire outros lugares onde atopar xente da súa idade. Os que máis a transitan son os maiores, pero cada vez con menos frecuencia. Penso que habería que popularizala máis con actividades ao aire libre, sobre todo no verán, xa que no inverno faise incómodo o estado do chan e tamén as goteiras que caen das árbores.
ResponderEliminarParabéns polo bo traballo realizado. En liñas xerais coincido con todos os aspectos expostos.
ResponderEliminarNa última década a alameda experimentou un gran descenso dos seu transeúntes. Na actualidade xa só son as persoas maiores as que a empregan con frecuencia como un lugar de encontro. As persoas de mediana idade e a mocidade só a utilizan como un lugar de paso, prefirindo outras zonas de Caldelas para reunirse.
Na miña opinión, o Concello debería realizar máis actividades ao aire libre na alameda para potenciala e tentar de achegala máis á poboación.
Gracias al que crei esto es maravilloso
ResponderEliminar