Este blog será o lugar de encontro para unha serie de traballos sobre a paisaxe que daremos comezo neste curso 2012-2013, dentro das actividades de 3º da ESO e no marco do Proxecto Terra
viernes, 16 de mayo de 2014
Análise DAFO sobre a alameda de Ponte Caldelas
Esta mañá, na clase de xeografía, fixemos unha posta en común das debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades que ten o espazo da alameda. A táboa reflicte o resultado das aportacións dos diferentes grupos. Despois o traballo en equipo deixou paso a un debate colectivo a nivel de toda a clase onde se discutiu se a iluminación podería ser considerada ou non unha debilidade ou se os bancos merecen ser cambiados. Esos puntos de vista diferentes debedes levalos a este blog para que quede constancia do proceso de análise.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

Bos días.Eu penso,como xa dixen na clase,que o tema da iluminación na alameda non é moi importante. Ao mellor no inverno pode ser que lle faga falta un pouco de luz,sobre todo pola noite, pero aínda así ese non é tema máis proucupante por tratar. Tampouco estou dacordo co tema dos bancos. Eu opino que eses bancos son perfectos,xa que son máis ou menos antigos e lle dan un toque rústico ao ambiente da alameda. Outra opinión positiva que teño a favor da alameda é que paréceme un sitio bastante seguro para os nenos porque non hai ningunha rúa preto con moito tráfico e é un espazo moi amplio para que os nenos podan xogar tranquilos.E por último quería dicir que vexo unha moi boa idea por unha xeadería.A alameda é un lugar con bastante paso no verán e penso que montar un negocio como ese sería unha moi boa oportunidade de darlle un pouco máis de actividade a alameda.
ResponderEliminarComentario moi ben exposto e moi atinado, Alejandra. Persoalmente penso que a iluminación é suficiente. Nun espazo coma este hai varios treitos que iluminar: as beirarrúas, que deben ter boa luz porque é o acceso ás casas e aos negocios; o interior da alameda e o borde da alameda. Quizáis podería mellorarse a iluminación no interior poñendo unhas luminarias a ras de terra, como marcando un camiño( Aquí podes ver un exemplo de Pontevedra: http://1.bp.blogspot.com/-IUmKDzDViYo/UiJVXdGg_VI/AAAAAAAAEkE/FrJfuyvvo4I/s1600/IMG_5491.JPG). Sobre os bancos tamén estou de acordo, sempre e cando estean en bo estado. Agora ben tamén se poden introducir outras alternativas que melloren a comunicación. A suxestión da xeladería resulta moi adecuada, pero haberá que pensar tamén no inverno: Que tal xeladería e gofres?
ResponderEliminarO da xeladería e gofres é tamén moi boa elección aínda que tamén pode ser xeladería e pizzería (pero pizza italiana) aunque lle podería facer un pouco de competencia ao Pits Peat (pizzería e hamburguesería de Ponte Caldelas). Hai moitas posibles convinacións pero o problema máis importante é :quen vai querer montar un negocio na alameda? é un pouco arriscado pero se sae ben pode ser incluso beneficioso.
ResponderEliminarA competencia nunha economía de mercado é esencial. Xa sabes que sen competencia temos monopolios. Calquera negocio é un risco, pero tamén un aliciente. Un espazo vivo atrae negocios e persoas. A alameda segue a verse como un lugar central da vila. Esa centralidade é unha vantaxe. Se aparece reforzada por negocios que chamen a persoas de diferentes idades moito mellor.
EliminarCoa posta en común de todos os grupos resultou un informe bastante completo sobre a alameda. Na miña opinión, as partes nas que non estou de acordo como xa comentei na clase son os bancos e a iluminación, coincidindo con Alejandra. Penso que os bancos que hai na alameda encaixan co entorno perfectamente e o detalle de que sexan dobres non creo que afecte en absoluto na súa ocupación. Penso que se se cambiasen por bancos individuais a xente seguiría sen ocupalos.
ResponderEliminarRespecto da iluminación creo que hai a suficiente no espazo. Coincido en que o primeiro sería ter perfectamente iluminadas as zonas máis transitadas como poden ser as beirarrúas e os accesos ás casas.
Na miña opinión como xa dixen na clase non estou de acordo con Alejandra e Aida co tema de que os bancos estén ben , penso que si na alameda se puxeran outro tipo de bancos a xente utilizaría máis ese espazo e non estaría tan baleiro a maior parte dos días .
ResponderEliminarTampouco estou de acordo co que se di no informe DAFO sobre o deterioro da alameda polo escaso uso , penso que está bastante ben coidada para o pouco uso que se lle dá , e non creo que si se utilizara máis estivera mellor coidada.
Sobre a suxerencia de montar un negocio como unha xeadería pareceme que estaría bastante ben xa que habería máis xente ocupando o espazo da alameda .